Dende a Limia
01:55 h. Miércoles, 20 de Junio de 2018

O grupo ANEIS pechou o certame de teatro de Xinzo

| 02 de Junio de 2018 (22:42 h.)

O grupo  de teatro ANEIS da Limia presentou no escenario da Casa de Cultura de Xinzo a obra “A rúa da tranquilidade”. Obra escrita e dirixida polo seu director Manolo Fontemoura con un elenco de actores que ían dende os máis mozos ata  case profesionais da escena que fixeron que o público, moi familiar e moi entregado a causa, gozara coa parodia que se representaba no escenario, que non era máis que a representación teatral e  “humorística” do que aconteceu e por desgraza seguirá acontecendo  no noso país.

IMG_6302100Botouse en falta a nula representación municipal tendo en conta que era o único grupo da Limia que participou nesta III edición  e que eran os que pechaban o certamen.