lunes 14.10.2019

O grupo Popular no Concello preguntará pola anulación dás obras na Casa da Cultura

Será unha das preguntas que farán no pleno de mañá xoves

O grupo Popular no Concello preguntará pola anulación dás  obras na Casa da Cultura

Unhas das inquedanzas que trasladaremos mañá no pleno ordinario do mes de agosto, no turno de rogos e preguntas,  será a anulación da obra de melloras no edificio da Casa de Cultura, cando xa levaba tempo adxudicada e que xa case tiña que estar rematada. Melloras que ao o noso entender son esenciais tanto na reparación da cuberta como na ampliación da planta baixa.

Unha cuberta que se deteriorou moito neste inverno e que a filtración de auga fai que sexa un perigo pola posible caída do falso teito. E a ampliación da parte baixa para cubrir parte das necesidades de almacén e novas aulas solicitadas polos Técnicos de Cultura do noso Concello

Sorpréndenos que ante estás necesidades urxentes se anulase dita obra. Terán que dicirnos o motivo e en que se vai destinar o diñeiro presupostado para este proxecto.

Tamén pediremos explicacións sobre as “NON” actuacións do Obradoiro nas melloras programadas no Grupo San Sebastián en coordinación co Departamento de Obras. Pensamos que o novo Grupo de Goberno freou estas actuacións para tratar de deixar en mal lugar o anterior goberno.

Preguntaremos se algún proxecto máis se vai anular e que nos dea a motivación; de nada vale dicir que van gobernar a todos e a todas por igual, cando se quere abandonar os pobos pequenos como Gudes, Pena ou Porto Alto, non equiparando, como o resto, en centros sociais ou desbroces, xa que como andan a dicir; politicamente non son “rentables”.

O grupo Popular no Concello preguntará pola anulación dás obras na Casa da Cultura