martes 16.07.2019

O grupo popular non está de acordo coas declaracións sobre a falta de presupostos para as festas

Propoñen a Concellería de Cultura que adopte a medida cos feirantes de ter un horario sen música para favorecer  as persoas con trastornos do Espectro Autista ou de Discapacidade Intelectual.

O grupo popular ven de presentar no día de hoxe no rexistro do concello  dous escritos para que a alcaldía responda por escrito a media ducia de preguntas, tanto sobre as festas, como da campaña de limpeza, a maioría por falta de información.

Afirman por outra banda que eles deixaron presupostado 30.000 € na partida de festas de Sta. mariña, máis a achega dos veciños e veciñas.

Tamén propoñen a concellería de Cultura que adopte a medida cos feirantes de ter un horario sen música para favorecer  as persoas con trastornos do Espectro Autista ou de Discapacidade Intelectual.

1111

O grupo popular non está de acordo coas declaracións sobre a falta de presupostos para...