Dende a Limia
22:00 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

“A Historia de Martín”, un espectáculo para todas as idades

| 03 de Agosto de 2018 (10:33 h.)
martin 4 agosto
martin 4 agosto

Este sábado 4 de agosto, non vos podedes perder o espectáculo “A Historia de Martín”, que nos trae o grupo ANIMAR-T. Comezará ás 20:00h da tarde na Praza Maior e o bo tempo pode que nos acompañe.

Neste contacontos falannos da hiperactividade infantil e das formas de ensino antigas, deixando paso ás novas formas de aprendizaxe do futuro: o ciberespazo. Tamén nos contarán da capacidade de cambiar o mundo a través de un mesmo e da exaltación dos valores humanos. Todo isto a través de dúas armas infalibles: o humor e o teatro musical.

Nesta obra tratan que os nenos interactúen con eles ao falar dun contexto tan familiar como as aulas. Nin que dicir ten que neste espectáculo introducense aspectos didácticos ao repasar conceptos ou materias relacionadas coa xeografía, o inglés, as matemáticas, as ciencias, etc. Un espectáculo completo e entretido, que non só fará as delicias dos máis pequenos senón que enganchará aos maiores.

Este espectáculo forma parte dos pertencentes a “Cultura no camiño 2018” da Xunta de Galicia