Dende a Limia
03:43 h. Martes, 21 de Agosto de 2018

HISTÓRICO ASCENSO DO ANTELA QUE VOLTA A PREFERENTE TRAS 11 ANOS

| 21 de Mayo de 2018 (21:19 h.)

Tras once victorias seguidas fóra da casa, na última xornada o Antela logra celebrar o ascenso a Preferente despois de 11 anos. Os nosos tiveron todo o apoio da afición nas gradas do Tecnolíxico, pois a maioría do público eran aficionados do equipo de Xinzo.

O Antela só tiña que puntuar ante o Rante, que xa estaba totalmente descendido, pero que comezou adiantándose no marcador e, por si fora pouco, o Verin ganaba en Loñóa. Na segunda parte, o Antela controlou o partido e a pesar da tensión que se viviu, nos últimos 15 minutos de encontro, Rivero e Joni, que foron os artífices de materializar as xogadas en goles, derónlle a victoria o equipo de Xinzo, o que os levaba a Preferente e deixaba a Verín en primeira.

Unha vez finalizado o encontro e co ascenso na man, comezaron as celebracións no mesmo campo do Rante con toda a afición que se desprazou ata alí, que posteriormente regresou co equipo e continuaron os festexos na nosa vila ata ben entrada a madrugada. O autobús do equipo viña totalmente cheo de eufória cos xogadores, directiva e corpo técnico, ademáis de algúns aficionados según nos comentaron. Chegou a Praza Maior de Xinzo pola sobre as 9 da noite, onde os recibían os aficionados que non se poideron desprazar ata o lugar do encontrou e os que xa chegaran de alí. Tras un baño de celebracións, felicitacións e ánimos por parte da afición, o equipo foi por os bares de Xinzo a tomar e celebrar cos nosos veciños que o Antela volve a ser equipo de Preferente.

 

Esto é aínda máis emotivo se pensamos que o Antela estivo a piques de desaparecer e que, grazas a antigos xogadores, continuou existindo e onte celebrou un ben merecido ascenso.