Dende a Limia
06:36 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

Hoxe presentouse o “renacido” festival FAX

| 19 de Julio de 2017 (21:49 h.)
Presentación do festival FAX
Presentación do festival FAX

No salón de plenos do Concello e coa presenza do alcalde Antonio Rodríguez, o deputado Provincial Manuel  Doval , o concelleiro de Cultura Luís M. Gil e José M. Freiría como máximo responsable da organización do festival. Asistiron tamén  Araceli e Janira dúas representantes de Limisi  , asociación escollida pola organización a cal irán a parar o 30% do recadado en entradas.

Tomou a palabra o alcalde para agradecer a todos os organizadores e colaboradores, así como a Limisi a súa presenza e aproveitar a ocasión para contestar a portavoz do PSOE en Xinzo  as declaración feitas a prensa fai uns días, referíndose a “escasa” programación cultural para este verán no Concello.

“Xinzo é o concello de toda a provincia de Ourense con unha maior programación cultural e deportiva e que abrangue a tódalas idades.”

321PROGRAMA MUSICAL DO FAX

José Manuel na súa intervención ademais de agradecer as axudas por parte de todos os organismos Concello e Deputación, fixo unha pequena historia do que foi o FAX ata fai 10 anos, e como agora están moi entusiasmado neste regreso, que esperan sexa para quedarse.

Para elo presentan este ano un cartel moi apetitoso, tendo como gran estrela a SES, cantante galega reivindicativa 100% así como  a COANHADEIRA  grupo ourensán cunha sólida traxectoria  no mundo do folk e que presentarán o seu derradeiro traballo “Bicos con luvas”.

Tamén estarán nesta edición 2017 ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS,  premio MIN  da música independente 2017 ó mellor álbum en galego . Presentarán en Xinzo “Cantares”.

E como non podía ser doutra maneira o outro grupo que participara na “resurrección” do FAX será o grupo Limiao  “HABITACIÓN VUDÚ”.

ENTRADAS A 8 €

As entradas  xa están a venda en internet no portal de –ataquilla.com- e o día do concerto na billeteira do recinto a 10€. Dentro do recinto haberá postos de hostalaría para que unha vez que se abran as portas as 20:30  e dende o inicio do festival coa actuación de Coanhadeira as 21:00 ata o remate, todos teñan as necesidades todas cubertas.

Na programación horaria xa presentada será  as 22:00 cando chegue a actuación de SES para as 23:45 está prevista a do grupo Habitación Vudú e rematar o festival despois da actuación de Eladio y los seres queridos que dará comezo as 00:45.

Como xa dixera na presentación inicial o 30% da recadación será para a asociación limián Limisi.

O FAX COMEZOU O 6 DE AGOSTO DE 2016

322Para rematar o acto foi Luís M. Gil o que tomou a palabra para comentar que o FAX comezou a testarse o 6 de agosto do 2016, unha vez rematado o concerto que Habitación Vudú ofreceu no parque do Toural. José Manuel, antes de preguntarme que me parecerá o concerto espetoume:”por que non volvemos a facer o FAX”. Dende ese momento todo foron reunión de traballo, propostas, visitas e aquí está de volta o festival.