Dende a Limia
06:35 h. Martes, 25 de Julio de 2017

Incorpóranse novos titulados á bolsa de emprego do IES Cidade de Antioquía

O. Ferreiro | 26 de Junio de 2017 (06:41 h.)
Imaxe das instalacións do IES Cidade de Antioquía.
Imaxe das instalacións do IES Cidade de Antioquía.

Hoxe luns, día 26 de xuño, celébranse as avaliacións dos ciclos formativos de FP do IES Cidade de Antioquía, nas que practicamente a totalidade dos alumnos que cursaron o segundo curso destes ciclos obterán as titulacións que os habilitan para acceder ao mercado laboral.

Dende o centro formativo afirman que a "bolsa de emprego durante este curso tivo moito éxito".

Estes titulados integraranse xunto aos que quedan de cursos anteriores e formarán parte da "bolsa de emprego" que está a disposición de empresas e entidades a partir do día de hoxe e durante os vindeiros meses.

Dende o centro formativo afirman que a "bolsa de emprego durante este curso tivo moito éxito, xa que houbo moita demanda por parte de empresas e entidades e seguimos cun ratio de colocación entorno ao 30% de media".

Hoxe celçebranse as avalizacións dos ciclos de FP do Cidade de Antioquía.

Así mesmo, nesta mesma xornada enviouse información ás empresas e entidades de xeito directo para que estean informados da incorporación dos novos titulados do ano 2017. A intención é que estas entidades colaboradoras poidan consultar os perfís dos recén titulados.

As empresas e entidades que estean interesadas en incluírse na base de datos desta bolsa de emprego ou en solicitar candidatos poden contactar no correo electrónico bolsaempregoantioquia@gmail.com