miércoles 21.08.2019

Interceptada unha furgoneta en Abavides con fardos de roupa posiblemente falsificada

Na tarde- noite do xoves en direción a Madrid

Interceptada unha furgoneta en Abavides con fardos de roupa posiblemente falsificada

Nun control de rutiña de membros da G.C. de Verín, na saída da autovía en Abavides déronlle o alto a unha furgoneta de servizo nocturno de paquetería e na inspección atopáronse unha ducia de  fardos que contiñan roupa posiblemente falsificada.

IMG-20190606-WA0024
Estes controis están sendo habituais, segundo informaron fontes da G.C. pero neste caso esta patrulla non estaba realizando esta serie de rexistro  acontecendo de xeito fortuíto.
Os fardos foron trasladados ao cuartel da G.C. en Verín onde farán a primeira valoración do importe que alcanzaría no mercado negro esta roupa falsificada e posteriormente dar traslado ao xulgado de Verín.