Dende a Limia
23:43 h. Martes, 11 de Diciembre de 2018

Iván Olmos recibido por Baltar

| 31 de Julio de 2018 (20:51 h.)

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao ourensán Iván Olmos, quen vén de proclamarse campión mundial de discursos no Campionato Mundial Universitario de Debate en Español, celebrado en Chile. O presidente do goberno provincial felicitou a Olmos polo éxito conseguido e destacou a importancia "de ter na nosa provincia, un territorio cultural con voz e identidade propias, a un dos mellores embaixadores da palabra", lembrando "a carreira chea de galardóns que converten a Iván Olmos nunha referencia na difícil arte do debate". Baltar remarcou que entre os recoñecementos logrados por Olmos figuran a medalla de ouro do concello de Xinzo, no ámbito do debate e da oratoria; a semifinal mundial de debate en 2016 e o segundo posto acadado no Campionato Mundial de Debate en 2017, "éxitos que falan da relevancia da transmisión oral da nosa cultura, que ten en Iván Olmos o un representante de excelencia".

A importancia desta disciplina do debate e o papel que xoga a provincia de Ourense nesta materia fixo que a Deputación de Ourense co-organizase este ano o III torneo Nacional de Debate Universitario "Premio Ourense Termal", no que se deron cita os mellores oradores de España: oitenta debatentes integrados en corenta equipos. Foi o primeiro evento destas características celebrado en Ourense, e supuxo tamén a primeira vez que en Galicia se competiu a nivel nacional co formato internacional de British Parliament.