Dende a Limia
05:20 h. Lunes, 28 de Mayo de 2018

Juanjo Lamelas presenta a súa última novela na Casa dos Poetas de Celanova

O. Ferreiro | 06 de Febrero de 2018 (22:26 h.)

A Casa dos Poetas de Celanova acolle este xoves, día 8 de febreiro de 2018 ás 20:00 horas, a presentación da novela La selva dormida de Juanjo Lamelas, unha historia de amor e intriga nas rúas de París, editada por Atlantis.

No acto estarán presentes José Luís Ferro Iglesias, alcalde de Celanova e presidente da Fundación Curros Enríquez; Juanjo Lamelas, autor da obra e Jorge Emilio Bóveda, escritor e compañeiro de traballo do autor.

Juanjo Lamelas naceu en Ourense en 1946. Diplomado en Maxisterio, continuou os seus estudios na UNED para licenciarse en Ciencias Químicas e posteriormente doutorarse na especialidade de Cinética Química. Participou en diversos congresos e publicou traballos de investigación en revistas como Journal of Chromatografich Science  ou Afinidad. Durante oito anos dirixiu o Departamento de Cultura dun concello da súa provincia natal. Na actualidade dedícase á docencia, sendo profesor no CEIP Curros Enríquez de Celanova, do cal foi director os últimos anos.