Dende a Limia
06:07 h. Jueves, 19 de Julio de 2018

O Liceo, Expourense e o Edificio Marcos Valcárcel acollen o III Torneo de Debate Escuela de Finanzas

| 03 de Abril de 2018 (22:15 h.)

Xa queda menos para a inauguración do III Torneo de Debate Escuela de Finanzas – Ourense Termal. O vindeiro mércores chegarán á cidade 32 equipos de diferentes sitios: Málaga, París, Oviedo, Madrid ou Compostela, así como máis de vinte xuízes.

O director da competición, Iván Olmos, colaborador do Dendealimia, comenta que "O que máis nos ernogullece é por a disposición de estes 32 equipos a mellor autoridade académica posible".

ivan olmos 4O acto inaugural, no que participarán tanto O vicepresidente da Diputación, Rosendo Fernández, como o fundador da Escuela de Finanzas, Venancio Salcines, celebrarase o xoves as catro da tarde no edificio Marcos Valcárcel. A posteriori, tanto os debatintes coma o público asistente poderán recibir formación en debate a distintos niveis. Antonio Fabregat, actual campión do mundo de debate en inglés como lengua extranxeilla, Christian Jorquera, director do Campeonato Mundial Universitario de debate en Español, e Aida González, actual número 1 do ránking individual mundial de oradores serán os encargados de impartir as sesións. Esta dinámica de portas abertas mantredráse ó largo de toda a competición. Os días 6 e 7, Expourense abrirá as suas portas a todos os que desexen asistir como público. Así mes, o próximo domingo, a final no Liceo será aberta hasta completar o aforo. O único requisito para os asistentes é o silencio, así coma o respeto polas normas e a dinámica da actividade.


O debate parlamentario británico é unha disciplina académica con case un siglo de recorrido nas principais universidades mundiais.Dende fai sete anos, a elevada presenza de nativos hispanofalantes no circuito inglés levou a desenvolver un circuito paralelo. O pasado ano, o Campeonato Mundial Universitario de Debate en Español tivo lugar na Universidade Francisco Marroquín, en Guatemala. Este ano, celebrarase na Universidade Católica de Valparaíso, Chile, quen acolla o certamen no próximo mes de xullo.