Dende a Limia
16:30 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

Luís Davila “O Bichero” estará mañá martes en Xinzo

| 18 de Diciembre de 2017 (12:03 h.)

O humorista gráfico  Luis Davila, coñecido polo seu nome artístico “O Bichero”, podémolo ver e deleitar a diario, dende  fai case 20 anos nas páxinas do xornal O Faro de Vigo. A súa tira humorística recoñecida en toda Galicia, chega a Xinzo   en forma de cómic, que se presentará mañá a partir das 18:00 no Espazo Lector NOBEL da nosa vila.

Ademais da presentación o humorista asinará exemplares a todos aqueles que aproveiten esta oportunidade achegándose ata o local que desta maneira quere celebrar o seu primeiro aniversario do seu establecemento en Xinzo.