Domingo 24.03.2019

Luís M. Gil anuncia, por sorpresa, a súa retirada

En principio como responsable de educación

O actual concelleiro de Educación e deportes do Concello de Xinzo de Limia, deixou a tódolos presentes, “de pedra”, cando nos saúdos protocolarios do concerto que ofreceron o alumnado do Conservatorio o venres pola tarde anunciou “por sorpresa” que este será o último concerto do Conservatorio a que asistirei  como concelleiro responsable.

A continuación e ante as caras de sorpresa dos presentes, incluídos o Alcalde e o concelleiro de Cultura, e acompañando, a que durante moitos anos foi a directora do Conservatorio, e alma mater do mesmo ata que o deixou por xubilación, fixo esas declaración tan explosivas.

MOITO TRABALLO E DEDICACIÓN

Dende que decidiu formar parte da candidatura de Antonio Pérez, fai agora 8 anos, ademais da súa dedicación ao deporte, tivo que enfrontarse con algún que outro conflito, xurdido no  propio conservatorio, chegando a afirmar que o conservatorio non se pecharía baixo ningún concepto, polo menos, mentres el fora o concelleiro responsable.

Agora que parecía que a  marcha do conservatorio non tiña demasiados problemas, apareceron estas declaración inesperadas.

NON ACLARA MAIS ESAS VERBAS

Postos a fala co propio concelleiro, afirma que esas foron as súas verbas sen aclarar  nada con respecto a data do 25 de maio, dependendo do rumbo que tome a política municipal ata entón. De todos é sabido a súa afinidade ao 100% con Antonio Pérez, agora fora da alcaldía por 8 anos, aínda que ninguén dubida a estas alturas que a súa influencia será definitiva na decisión de quen encabezará a lista do PP no mes de maio.

Isto ven a enredar máis, se aínda estaba pouco, a situación actual do PP de Xinzo, en plena convulsión pola sentenza de Antonio Pérez, e sendo moitos os candidatos a facerse coa cabeza do cartel, aínda que non todos coas mesmas posibilidades.