Dende a Limia
21:31 h. Lunes, 20 de Agosto de 2018

O luns decidirase o día do pleno da reprobación

| 10 de Marzo de 2018 (23:38 h.)

Segundo declaración do concelleiro Luís M. Gil a outro medio de comunicación , o luns haberá unha comisión de goberno extraordinaria para decidir o día que o alcalde convocará o pleno extraordinario a petición de todos os grupos da oposición, na que solicitarán a renuncia do rexedor.

Ata este momento o Alcalde non fixo ningunha declaración ao respecto.

APOIO INCONDICIONAL

Os que so fixeron declaración foron varios concelleiros, unha  vez no seu nome propio e outras en nome do grupo, no que transmiten  que a unión de todos os concelleiros do PP, están unidos e sen fisuras no apoio incondicional a Antonio Pérez.