Dende a Limia
10:55 h. Jueves, 29 de Junio de 2017

Luz verde aos estatutos da nova asociación de empresas e comercios

| 30 de Mayo de 2017 (21:39 h.)
Momento da constitución
Momento da constitución

Despois de varias inténtoas, deuse luz verde por parte da comisión xestora, formada por case 20 persoas do sector maioritario de comercio e servizos, aos estatutos e asinouse a acta fundacional.

BORRÓN E CONTA NOVA

Quedou descartado polos membros escollidos para a posta en marcha da asociación o voltar e tratar de “revivir” a antiga asociación.

Onte presentáronse os novos estatutos, aos membros da comisión xestora e encargada de por en marcha a asociación, os cáles despois de algunha aclaración foron aprobados por todos os presentes, despois de haber asinado a acta de constitución da asociación e comezar  así o camiño da súa legalización.

Esta comisión, xa constituída en Xunta directiva provisional está composta por Teresa Martínez como presidenta. Tres serán os vicepresidentes, representando aos tres sectores que vai acoller a asociación. Marta Enriquez Díaz, do sector comercial, David Montero, do sector industria e Ricardo Peleteiro do sector servizos. Como secretario foi elixido Daniel de la Torre Rivero e o responsable das finanzas será Roberto Campo.

ENTIDADE DE ÁMBITO COMARCAL

226

Baixo o nome oficial de asociación de empresas e comercios da comarca da Limia Pro Limia, esta terá un ámbito comarcal. No seu primeiro artigo aparece que poderán ser membros da mesma todos aquelas empresas e negocios que teñan a licenza fiscal na Limia.

ASEMBLEA XERAL A FINAIS DE XUÑO

Nunha asemblea a convocar previsiblemente a finais de xuño, ratificaranse os nomeamentos de onte, ou elixirán unha nova directiva unha vez que xa  formen parte da asociación os mais de 85 persoas representantes dos respectivos negocios que ata o dia de onte comunicaron que estaban interesados a pertencer a asociación.

Logo de analizar as accións, aparte das legais, que se levarán a cabo durante este mes, levantouse a sesión cun  gran espírito de colaboración e traballo por parte de todos os membros presentes.