jueves 14.11.2019

Os máis cativos do Carlos Casares vanse de colleita e despois, comida no propio campo de traballo

OS COSTUMES DO NOSO ENTORNO

Os máis cativos do Carlos Casares vanse de recolleita

Esta semana os máis cativiñ@s do CEIP CARLOS CASARES desenrolaron unha actividade moi acorde coa época do ano na que nos atopamos: APAÑAR  PATACAS.

As familias colaboraron aportando o material tan imprescindible en dita experiencia: AS PATACAS. Unha vez no cole, as mestras,  procuraron simular unha leira tradicional recreando uns auténticos regos ben ateigados de patacas. Para recolleita tamén empregamos tractores con remolque conducidos polo noso alumnado.

Para rematar fixemos unha gran comilona na que todos xuntos puidemos disfrutar dunha vivencia diferente coa  pretensión de poñer en valor e transmitir  as tradicións do noso entorno.

20191022_12424320191022_13194420191022_124247

20191022_124524

Os máis cativos do Carlos Casares vanse de colleita e despois, comida no propio campo...