jueves 14.11.2019
NOTA DE PRENSA DO GRUPO POPULAR

Malestar debido a como se agraviou ao noso sector agrícola e gandeiro

O  Grupo Popular estará sempre ao carón do sector agropecuario
Malestar debido a como se agraviou ao noso sector agrícola e gandeiro

Con enorme malestar é como nos encontramos agora mesmo o Grupo Municipal Popular tralo sucedido hoxe pola maña no mercado da feira do 14 de agosto; a feira con maior afluencia de visitantes do ano.

Malestar debido a como se agraviou ao noso sector agrícola e gandeiro por un grupo de persoas que co nome de Auga Limpa Xa, recollían firmas e repartían panfletos dende un stand, con mesa informativa, colocado no medio do mercado feiral, sen ningún tipo de licenza ou autorización municipal, denigrando en todo momento a labor agrícola e gandeira que se está a facer na Limia.

Fai uns días aprobouse no Pleno Municipal, por unanimidade, ás mocións

presentadas polo noso Grupo na defensa tanto da calidade de vida das nosas xentes como o traballo do noso sector primario. Este venres rexistraremos unha solicitude ao Grupo de Goberno para que poñan todos os medios para prohibir que  se repita no sucesivo, este tipo de actuacións en contra do noso agro.

Unha vez máis repetimos a importancia económica para o noso Concello como para a nosa comarca, da agricultura e da gandería; e que organismos como a Mesa da Limia son os que teñen que velar polo  noso Medio Ambiente e sector primario.

O  Grupo Popular estará sempre ao carón do sector agropecuario e as súas

Asociacións, para que siga sendo puxante e respectando o Medio Ambiente como así o marcan as leis; e non como queren uns poucos vertendo infamias.