Dende a Limia
14:24 h. Lunes, 10 de Diciembre de 2018

Unha manta eléctrica provoca, presuntamente, un incendio nunha vivenda de Cualedro

O. Ferreiro | 30 de Diciembre de 2017 (19:13 h.)

Na mañá de onte, día 29 de decembro, o corpor de bombeiros de Verín, recibiron a chamada do 112 para auxiliar un lume detectado nunha vivenda do lugar de Rebordondo, en Cualedro.

Dende os Bombeiros de Verín, lembran á cidadanía "o risco dun inadecuado ou mal emprego das mantas eléctricas".

Trala recepción da chamada, e segundo informan dende o corpo de bombeiros, a dotación de garda e un xefe de grupo desprázanse ao lugar do sinistro. Á súa chegada xa se atopaban no entorno da vivenda a Garda Civil e unha unidade medicalizada do 061. A vítima que quedara atrapada no lugar xa fora rescatada por familiares sen feridas de ningún tipo, malia que o lume permanecía activo. 

O lume, que foi sofocado polos efectivos dos bombeiros de Verín, era de carácter "pouco intenso pero con moita xeración de fume". Segundo as fontes consultadas, o incendio foi orixinado na cama e a hipótese máis probable refírese a un "erro nunha manta eléctrica".

Tras colaborar na inspección ocular e unha vez sofocado o lume –pasadas as 12:30 horas–, retíranse os efectivos dos bombeiros e faise cargo da escena a Garda Civil alí presente.

Dende os Bombeiros de Verín, lembran á cidadanía "o risco dun inadecuado ou mal emprego das mantas eléctricas" e vén preciso "facer fincapé en seguir as instruccións do fabricante ao pé da letra así como na necesidade de contar con detectores de fume nas vivendas familiares".