Dende a Limia
20:23 h. Sábado, 17 de Noviembre de 2018

María do Ceo canta para os nenos e nenas en Xinzo

| 22 de Marzo de 2018 (23:48 h.)
Cartel Maria do Ceo
Cartel Maria do Ceo

Os nenos e nenas dos CEIP Rosalía de Castro e Carlos Casares de Xinzo comprendidos entre os 3 e 10 anos asistirán a un concerto da filla adoptiva da vila, María do Ceo para escoitar cancións do disco “Cancións para nenos e nenas” no que todas elas son didácticas para que os nenos e nenas aprendan escoitando.

 112Trátase de dar a coñecer cancións que falan de igualdade, da solidariedade, da liberdade, da diversidade e tamén dar a coñecer  as diferentes razas galegas de animais, ou de cantas linguas se falan na Peninsula Ibérica.

As 11:30 será a quenda para os mais cativos e as 12:30 tocaralle o alumnado de 3º a 6º de Primaria.