Dende a Limia
00:13 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

MEDIO RURAL ACHEGA AOS CONCELLOS OURENSÁNS INFORMACIÓN SOBRE A NORMATIVA REGULADORA DA APLICACIÓN DE FITOSANITARIOS EN ESPAZOS NON AGRARIOS

| 20 de Marzo de 2018 (21:35 h.)

Alcaldes, técnicos municipais, da Deputación  e da xefatura territorial de Infraestruturas e Vivenda de Ourense, como xestores das estradas  locais, provinciais e autonómicas, participaron nunha charla informativa sobre a xestión das competencias dos concellos na aplicación de produtos fitosanitarios en espazos non agrarios. A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, abriu a xornada subliñando a importancia de cumprir cos requisitos establecidos na normativa para lograr un uso sustentable destes produtos.

O obxecto da charla é dar a coñecer ás autoridades locais a normativa que regula a aplicación de produtos fitosanitarios en espazos non agrarios, fundamentalmente en estradas, co obxecto de minimizar o impacto medioambiental destas aplicacións. O Real Decreto 1311/2012, de 14 de setembro, polo que se establece o marco de actuación para conseguir un uso sustentable dos produtos fitosanitarios, atribúe á administración correspondente en función do ámbito territorial a autorización ás empresas de tratamento para a aplicación dos tratamentos con estes produtos en ámbitos non agrarios.

200318 FITOSANITARIOS

Así, os técnicos da Xefatura Territorial de Medio Rural informaron aos Concellos sobre as súas competencias no control dos tratamentos fitosanitarios que se realizan no seu ámbito territorial, tanto dende un punto de vista técnico como administrativo. A aplicación destes tratamentos realizados polas empresas autorizadas require da presentación dunha serie de documentación ante a autoridade local, que será a que autorice a realización do tratamento e acredite que os tratamentos se adecúan á normativa de protección medioambiental.