Dende a Limia
00:13 h. Domingo, 16 de Diciembre de 2018

Medio Rural destinou 143.000 euros a recuperar áreas queimadas e previr lumes en Cualedro

O. Ferreiro | 26 de Febrero de 2018 (22:56 h.)
A conselleira Ángeles Vázquez en Cualedro.
A conselleira Ángeles Vázquez en Cualedro.

A Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia destinou 143.000 euros a habilitar zonas de pastoreo en Cualedro para recuperar áreas queimadas e previr de novos lumes.

180226_Vazquez_Cualedro III

Esta iniciativa enmárcase dentro do plan de pastoreo impulsado pola Xunta e dá resposta tamén a unha das 30 medidas deseñadas tras a vaga de incendios do pasado ano, no que se refire á mellora silvopastoril en extensivo no sur de Galicia.

180226_Vazquez_Cualedro II

A conselleira Ángeles Vázquez visitou hoxe estas actuacións e destacou a súa importancia na dinamización e aproveitamento sustentable dos espazos rurais, así como para a defensa e prevención dos incendios forestais.