Dende a Limia
18:27 h. Jueves, 18 de Octubre de 2018

"MELLORAR A SAÚDE E O BENESTAR NOS MUNICIPIOS"

| 08 de Octubre de 2018 (19:18 h.)

A Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde propón o desenvolvemento progresivo de intervencións dirixidas a gañar saúde e a previr as enfermidades. Márcase como obxectivo xeral fomentar a saúde e o benestar da poboación promovendo contornas e estilos de vida saudables e cuns obxectivos específicos:

 - Promover estilos de vida saudable, así como contornas e condutas seguras ao longo das diferentes etapas da vida.

 - Promover o envellecemento activo e saudable na poboación maior de 50 anos mediante a intervención integral.

 - Previr a deterioración funcional e promover a saúde e benestar emocional na poboación maior de 70 anos potenciando a coordinación de intervencións integrais nos ámbitos sanitario, de servizos sociais e comunitario.

As liñas estratéxicas a seguir son a potenciación da saúde e equidade pública, a promoción das contornas saudables e seguros, así como participación e acción comunitaria.