domingo 22.09.2019

Membros de ADEGAL realizaron unha visita profesional a Belgica

Visitaron a feira  “ POTATO EUROPE 2019”

Membros de adegal na feira
Membros de adegal na feira

Un grupo de 17 profesionais do sector agrícola, membros de Adegal (ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS, GANDEIROS E AGRICULTORES DÁ LIMIA) participaron nunha viaxe profesional a Belgica para coñecer as novidades do sector e participar na feira internacional “ Potate Europe 2019”.

Trátase dunha actividade enmarcada dentro do proxecto de formación da Asociación: - A Feira internacional “ Potato Europe 2019”,desenvólvese na localidade de Kain ( Tournai) Bélxica. Sendo esta unha gran oportunidade para coñecer en profundidade os novos desenvolvementos do sector profesional da pataca, desde novidades en sementes, innovación en maquinaria, abonado, fertilización, técnicas de almacenaxe e conservación, así como de novos produtos en xeral relacionadas co cultivo da pataca con intercambio de experiencias e visitas a explotacións agrícolas, nunha feira con participantes de máis de 40 países. Ano tras ano, a comarca da Limia demostra a súa alta capacidade de produción en calidade, cun sector profesional e sustentable económica e medioambientalmente.