miércoles 20.11.2019

Membros da plataforma "Augas limpas xa! " trasladaronse ata Portugal

Estiveron na localidade de Ponte de Limia
Membros da plataforma "Augas limpas xa! " trasladaronse ata Portugal

Activistas da Plataforma auga Limpa Xa, achegaronse ate Ponte da Lima para recabar apoios na sua reivindicación pola adecuada xestión de residuos da gandeiría industrial implantada na comarca da Limia e que pode chegar a afectar as augas do Lima que na parte portuguesa abastece de auga potable a máis de 200.000 persoas.

IMG_20190906_114048923

Quedamos gratamente sorprendidos pola boa acollida e o interes que suscitou a nosa presencia na vila, repartíndose folletos informativos en portugues no espazo ribeireño o pé do rio Lima, que é onde a cidade esta a celebrar as famosas Feiras Novas, que atraen a miles de visitantes.