Dende a Limia
22:11 h. Viernes, 20 de Julio de 2018

OUTRO MES DE TRAVESSIAS NA ARCA DA NOE

| 05 de Julio de 2018 (15:56 h.)

Es te mes de xullo a Arca da Noe estará chea de actividades, dende concertos ata cursos, pasando por actuacións teatrais. Cas súas Travessias da Arca poderemos desfrutar dende o día 5 ata o 27 deste mes. Deixámosvos enlaces á música destes artistas se facedes un click no seu nome!. 

 

Hoxe a noite, comezará o curso de costura que se fará todos os xoves (días 5,12,19,26) ata o día 26, dende as 19 ata as 22.  

 

Esta fin de semana comeza a travesía, o sábado 7 ás 22:30h haberá un concerto de Aníbal Solo, músico portugués e o domingo 8 ás 21:00h o concerto de Clara Wope. O martes día 10 teremos o Concerto do grupo chegado de terras lusas, Caixa de Pandora ás 21:00.

 

O día 13 de Xullo faráse a presentación de Atlantidae, Mulher d’Água, con textos de Adela Figueroa e deseños de Celsa Sánchez Vázquez, con Concha Rousia e despois terá lugar o concerto de Paco Cifuentes. o 14 de xullo ás 20:30h presentarase o programa de radio A Toupeira - Rillando Raíces, da Radio Liverdade e ás 22:30h o concerto de Luiza Sales e Pedro Carneiro, chegados do Brasil. O 15 a Arca acollerá o concerto de 4mal Quartet Jazz, ás 21:00h.

 

​O xoves 19 de xullo ás 21:00h será o concerto de Trilitrate, e o venres 20 ás 22:30h farase a representación teatral da obra “As portas”, por Paso de Valverde. O día 21 impartiráse o curso de percusión da man de Antonio Sánchez (Coetus) que durará dende as 19h ata as 22h.


As tres últimas citas terémolas os días 22 de xullo, ás 21h co concerto de Joâo Afonso, o 25 de xullo ás 21h o concerto de La Negra e El Panky, con Moisés Fernández como convidado e finalmente, o 27 de xullo, ás 22:30h o concerto de Yhosvany Palma, artista cubano.