lunes 16.09.2019
MOCIÓN DO PPdG- XINZO

Moción do PP de Xinzo sobre a utilización do CLORPROFAM

Foi presentada hoxe no rexistro do Concello para a súa inclusión no próximo pleno

Moción  do PP de Xinzo sobre a utilización do  CLORPROFAM

Neste días coñeceuse a resolución da Unión Europea da non renovación do uso da sustancia activa do “clorprofam” nos productos fitosanitarios para a conservación da pataca. Sendo a data límite de uso de outubro de 2020.

 Entedemos da extremada cautela do organismo europeo pola mellora da nosa calidade de vida, como da nosa saúde; e da suspensión do uso desta sustancia.

A nosa comarca é a maior productora de pataca de Galicia, necesitando o uso de fitosanitarios para a súa conservación tanto en tempo como en calidade, para que o noso producto poda competir en igualdade de condicións cos do resto do mercado tanto europeo como do resto do mundo.

A importancia  económica do sector agrícola no noso Concello é máxima, onde nun porcentaxe altísimo depende da producción da pataca e da súa venda. Ademáis necesita ser moi competitiva xa que se trata dun mercado moi fluctuante, onde a calidade e a duración son primordiais, xa que pola nosa situación so podemos recoller unha colleita anual.

Por todo o exposto, pensando tanto na saúde dos nosos veciños e veciñas como na importancia do noso sector agrario, proponse ao pleno para  o seu debate e aprobación se procede dos seguintes:

ACORDOS:

1.- Instar ás autoridades competentes na materia á axilización dos procedementos encamiñados ao troco do clorprofam por outros productos autorizados e acordes coa normativa europea que  axude a conservar a nosa pataca; sen esperar a data límite da non renovación.

2.- Instar ás institucións a realizar charlas de formación no uso de fitosanitarios aprobados pola normativa Unión Europea e da OMS e de métodos alternativos aos mesmos (métodos “non químicos”); para seguir producindo e comercializando o producto de calidade que caracteriza ás patacas cultivadas na Limia.