miércoles 23.10.2019

Motorista ferido grave en Trasmiras

Tivo que ser trasladado en helicóptero medicalizado

Motorista ferido grave en Trasmiras

Un motorista de nacionalidade italiana sufriu un accidente coa súa moto no Km. 182,900 da autovía A-52 no termo municipal de Trasmiras.

O accidente tivo lugar ás 17:50 e ata o lugar do sinistro desprazáronse unha patrulla de motoristas de tráfico do destacamento de Verín, así como un equipo de atestados.

IMG-20190916-WA0012

O motorista caeu da moto saíndose da estrada e  chocando posteriormente coa barreira de seguridade " bionda metálica”. Ata o lugar achegáronse dúas ambulancias do 061, tendo que ser trasladado en helicóptro ata o CHOU, con feridas de pronóstico grave.