miércoles 23.10.2019

Unha muller ferida ao ser atropelada en Xinzo de Limia

Ao final, afortunadamente , non tivo necesidade de ser trasladada no helico
Unha muller ferida ao ser atropelada en Xinzo de Limia

Unha muller resultou ferida esta mañá despois de ser atropelada na rúa de Branco Amor, en Xinzo de Limia.

Os feitos tiveron lugar preto das 12:30 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata a zona do atropelo. Ademais, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Policía Local, a Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Xinzo de Limia.