Dende a Limia
18:02 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

Nada que obxectar as probas realizadas para Policía Local

| 19 de Octubre de 2017 (21:07 h.)

O pasado martes e por petición expresa do tribunal que cualifica as probas para dúas prazas de policía local, reuníronse no concello os membros da comisión de persoal onde están representantes de cada partido político que conforman a corporación Limiá.

Os membros do tribunal calificador explicaron a tódolos membros o acontecido nas probas realizadas ata o momento, e nas cales a imparcialidade e o estrito e rigoroso proceder en cada momento foi a regra a seguir.

Déronlle as explicacións que solicitaron os membros da oposición, despois das manifestacións en forma de escritos presentados nas oficiñas do Concello e mesmamente en declaración a prensa. Ë a primeira vez que un tribunal accede a dar explicacións a uns membros dunha corporación, pero o único obxectivo era o de que a ninguén lle quede a mais leve sospeita de que o proceder de tódolos membros do tribunal nestas probas, foi, e por suposto será en todo momento escrupulosa  e adaptada a legalidade neste tipo de probas en todos os seus pasos.cualificador

 ACOMPAÑADOS AO BAÑO

Efectivamente se reflicte nas actas  que no momento do exame houbo algún dos opositores que solicitou ir ao baño e como manda o regramento nestes casos, foi acompañado dun membro do tribunal, feminino ou masculino, segundo o caso, e por suposto coa porta aberta.

Membros do tribunal mostráronse moi incomodados con certas manifestacións e animaron a algún dos membros da oposición a dirixirse ao xulgado de garda si entendían que o fixeran mal, pero tendo en conta que a honorabilidade de cada un dos membros, neste caso, non se pode por en entredito por comentarios de rúa.

Para o alcalde Antonio Pérez, presente na reunión, non quedaron dúbidas ningunhas do proceso, e entende que nos outros representantes, polo manifestado na propia mesa, parece que tampouco.

Outra cousa, matiza o alcalde, é que agora os que fixeron as declaración públicas , fagan o mesmo desmentindo o retractándose do dito anteriormente.

XINZO ADIANTE,  rexeitou facer declaración ao respecto

Postos en contacto co representante de Xinzo Adiante, refusou facer declaracións sobre este tema. Elvira Lama, manifestou que nos próximos días fará unha declaración oficial.