Dende a Limia
02:04 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Nenos e nenas celanoveses elaboraron doces de Nadal

O. Ferreiro | 03 de Diciembre de 2017 (22:31 h.)
Nenos e nenas atentas no obradoiro de doces de Nadal de Celanova.
Nenos e nenas atentas no obradoiro de doces de Nadal de Celanova.

Onte sábado, día 2 de decembro, realizouse a primeira sesión do obradoiro de doces de Nadal organizado pola Fundación Curros Enríquez e o Concello de Celanova en colaboración coa Asociación Cultural "As ortigas".

Obraodiro doces Nadal Celanova 2017 (2)

Un total de 27 nenos e nenas participaron nas dúas sesións –de mañá e tarde– celebradas no andar superior da Praza de Abastos de Celanova.

Nesta ocasión elaboraron galletas e carbón de azucre.

Obraodiro doces Nadal Celanova 2017 (3)