Dende a Limia
16:28 h. Jueves, 20 de Septiembre de 2018

O nº13 da revista LETHES, xa está na rúa

| 28 de Diciembre de 2017 (01:00 h.)

IMG_4629

Na tarde do 27 de decembro no Concello de Vilar de Santos  foi presentada a última revista LETHES, que fai o nº 13 e como recordou o presidente do Centro de Cultura Popular do Limia.  Manolo Seoane facendo unha historia dende o ano 1999 que naceu a revista, pasando polo 2º número no que xa aparecía unha colaboración de outro escritor limián Antón Rivero Coello e chegando ao nº 3 a cal pechaba un conto fermoso dun  escritor xa moi afamado chamado Carlos Casares co  conto “O Galo de Antioquía”.  Recordou Manolo que tan solo un mes despois  chegou a noticia do pasamento do autor. Hoxe é imposible atopar ese número que se esgotou. Meses despois decídese facerlle a primeira homenaxe o autor Casares.

IMG_4632Gustavo Garrido, secretario da Fundación Carlos Casares tomou a palabra despois para agradecer tanto o Centro de Cultura Popular do Limia como do Museo da Limia a colaboración que sempre tiveron coa Fundación e sobre todo os diferentes actos que se levaron a cabo durante este ano, como foi o encontro de escritores limiáns, no cal mais de 17 autores limiáns ou achegados a Limia participaron achegando ideas, teorías e anécdotas que lles sucederon co autor homenaxeado e que hoxe forman parte, todos eses textos da revista que hoxe se presentou.

EXPOSICIÓN PERMANENTE NO MUSEO DO ENTROIDO

Continuou Gustavo Garrido anunciando a próxima inauguración , o venres 29,  da exposición permanente sobre Carlos Casares que quedará permanentemente no museo Galego do Entroido.   Agradeceu  ás 4 deputacións galegas, as sete cidades galegas que axudaron a que esta exposición se puidera levar a cabo e percorrera Galicia, ata chegar a Xinzo. Non se esqueceu de pequenos concellos que temen colaboraron, como o de Ribeira, pero paradoxicamente si se esqueceu do concello de Xinzo de Limia.

2000 escolares con 200 obras  e  20 obras lidas de Carlos Casares

IMG_4633Pechou o acto o Presidente do Museo da Limia, Delfín Caseiro  para comentar que o certame  literario e artístico do que posteriormente se entregarían os agasallos dixo que nesta edición se quería contar cos escolares, non solo cos autores digamos “maiores”.

O certame ás dúas modalidades presentáronse 2000 alumnos dos centros da Limia con 200 obras  e tendo que ler entre todos 20 obras do autor homenaxeado.

Rematou o acto o mesmo que había comezado coa actuación musical do grupo musical Trovare.