As 11 da mañá un veciño de Parada de Ribeira alertou na Policía Local de Xinzo, mostrando unha foto dun niño de abellas que atoparan na súa casa, onte a noite a súa chegada de Barcelona, para pasar uns días de vacacións.
Os membros da Local puxéronse en contacto co concelleiro de Protección Civil, o cal alertou as persoas de protección civil, os cales xa están preparados para estes mesteres. Desprazáronse ata o lugar cos traxes que teñen especiais para estas intervencións para proceder a retirar o enxame.
Membros de protección que actuaron, comunicaron ao concello que se trataba de “avespas crabo”, procedendo a súa retirada en colaboración cos bombeiros de Xinzo.
As 12,30 xa rematara todo o operativo, sen consecuencias tanto para as persoas como para as avespas.