Lunes 20.05.2019

"Non somos una revista para buscar fotos bonitas"

O que entra na nosa revista é para cuestionar e reflexionar sobre a propia fotografía

IMG_8682
IMG_8682

Onte presentouse en Xinzo na sala XPazo, ateigada de xente o 4º número da  revista de fotografía Caleidoscopica.

Xiana quixo con poucas verbas presentarnos o que era a revista definíndoa como tal revista , con moito peso na reflexión. Por sorte ou por desgraza  é una revista dixital, posto que a edición en papel sería totalmente inasumible.

IMG_8672

Forman parte directa no proxecto Miguel Auira, Charo Lopes, Pilar Abades e Xiana Quintas,  que leva o deseño e lle da forma as nosas fotografías. Colabora tamén Ana Parada, motivo polo que estamos aquí no XPazo.

QUE ATOPAMOS EN CALEIDOSCÓPICA?

IMG_8676

 Non somos una revista visual máis, ti non vas a buscar una fotografía bonita a nosa revista , ti vas a cuestionarte o que é a fotografía, onde estamos e como o contamos. Queremos cuestionarnos o visual.

O proxecto naceu en  Ourense na Escola Antón Failde , concretamente na cafetería A Coruñesa cun grupo de persoas co nexo de unión que era a fotografía, aínda que vista dende outros lugares e pensamentos, segundo manifestou un dos compoñentes.

Cada una das revistas ten una temática diferente e a que onte se presentou no XPazo , a cuarta, dedicase a Transición. Nela tratarmos de reflexar todo tipo de tránsitos, físicos no espazo, no corpo, no territorio como una idea de fronteira. Tamén tránsitos temporais, políticos, ideolóxicos e vitais como a vida e a norte.