Dende a Limia
18:02 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

NOVA CAMPAÑA DE PATACAS AMA POR INTERNET

| 03 de Noviembre de 2017 (21:05 h.)

Patatas AMA comezou unha nova campaña de venta de patacas coa satisfacción de conseguir un produto de gran calidade para que os clientes poidan deleitar o cultivo por excelencia da comarca da Limia.

Patas AMA, conseguiu neste mesmo ano o selo de produtor e envasador a vez dentro da    I.X.P. PATACA DE GALICIA.

Amador preparando o primeiro pedidoCon este  esforzo, manifesta  Amador, xerente e propietario da firma, espera poder seguir a medrar como empresa  e ademais continuar a dar a coñecer coa súa venta on line o nome e as cualidades da pataca da Limia amparada baixo a IXP.

Confía en que esta campaña 2017 ,que agora comeza, sexa moi especial para a empresa patatas AMA e  contribúa en facer mais grande o coñecemento é a valoración deste produto tan noso.