Dende a Limia
19:43 h. Viernes, 15 de Diciembre de 2017

Nova colaboradora en dendealimia

| 08 de Agosto de 2017 (21:55 h.)

Comeza con nos outra “pluma” feminina e nova. O seu nome é moi cotiá e precisamente ela vai a colaborar  falando sempre de “temas de interese cotiá” como ela mesmo os define. Aínda non o dixen , ela chámase Diana, nada en Xinzo aínda que dende fai uns anos reside en Ourense.

Segundo ela nos comenta a selectividade fíxolle unha mala pasada e a nota non lle deu para facer periodismo “a súa ilusión” e tivo que facer marketing dándose a paradoxa que nin unha nin a outra son as súa profesión. Pero aínda que non teña o título si lle gusta escribir e faino a miúdo en xornais da provincia e ata galegos que lle soen publicar os seus pensamentos e de agora en adiante será colaboradora habitual de dendealimia.

Ata agora  moitos dos veciños da Limia , polo retrato xa saberían quen é a nosa colaboradora, pero en canto digamos que os seus apelidos son Budiño Calvo, a grande maioría xa a identificarán totalmente.

Nos alegrámonos que unha persoa moza se acerque tamén a mostrar os seus sentimentos e as súas vivencias no noso xornal, dende o que lle agradecemos a súa colaboración. E para comezar podedes atopar aquí o que conta Diana sobre  as  súas  LEMBRANZAS