miércoles 23.10.2019

Novo horario para a asemblea aberta

A convocatoria retrásase para as 20:30
Por mor da convocatoria da concentración prevista para mañá mércores na praza Carlos Casares a convocatoria feita pola concellería de Cultura e Mocidade para a realización da primeira asemblea aberta de cara a conformar a comisión organizadora do Entroido 2020, terá un retraso de 30 minutos, convocándose a todos os que queiran asistir ás 20:30 no salón de plenos da casa Casa do Concello.