Jueves 23.05.2019

Novo premio para o CDR O Viso

O CDR O Viso foi unha das once entidades galegas galardoadas no XX Congreso Estatal de Voluntariado celebrado en Ourense. Un recoñecemento e agarimo á longa traxectoria e labor levada a cabo dende esta entidade. Este premio é de tódalas persoas que día a día contribuen a levar a cabo esta utopía realizable, pero sobre todo, é para ELES e ELAS, as persoas maiores da vivenda comunitaria e demais usuarios/as que dan o alento para seguir con este proxecto.