Dende a Limia
11:44 h. Miércoles, 23 de Agosto de 2017

Sen novos roubos dende que comezou a vixilancia diurna e nocturna

O. Ferreiro | 03 de Agosto de 2017 (21:06 h.)
Comisaría da Policía Local de Xinzo.
Comisaría da Policía Local de Xinzo.

A Policía Local non ten constancia de novos roubos de material de regadío ou de petróleo dende que se comezou coa campaña de vixilancia diurna e nocturna na vila de Xinzo de Limia e nas aldeas de arredores.

A medida de urxencia posta en marcha polo concello causou o efecto esperado e os ladróns non volveron roubar, polo momento. Agárdase que a situación de calma continúe e, segundo o alcalde, "calme a alarma social creada entre a veciñanza".