Dende a Limia
05:49 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

O CDR O Viso reparte produtos a catorce familias da Limia

O. Ferreiro | 28 de Diciembre de 2017 (22:28 h.)
Imaxes das caixas de produtos preparados para o reparto.
Imaxes das caixas de produtos preparados para o reparto.

O Centro de Desenvolvemento Rural O Viso organizou este mes de decembro unha nova campaña de recollida de productos básicos de alimentación e hixiene. Entre este produtos tamén se recolleron bombonas de gas. Posteriormente procedeuse ao seu reparto, neste caso o máis especial do ano, por estarmos no Nadal.

Dende a asociación sinalan que, desta volta, foron ao redor de 70 as persoas de toda a comarca da Limia que se viron beneficiadas. 14 familias antelás que se atopan en grave risco de exclusión social. Nesta doazón participaou tamén a parroquia de Santa María de Couso de Limia.

1