Domingo 20.01.2019

“O Entroido de antes”

Charla coloquio o venres 25 as 20:30 no local da Asoc. da Pantalla

Moncho Villarino será o encargado de levar a cabo a primeira das actividades programadas para este ano polos membros da asociación da Pantalla. Na mesma  Moncho falará sobre como se corría o Entroido na súa época con moitas anécdotas, que se supoñen interesantísimas.

Esta primeira charla, a cal seguirán outras , ademais de talleres e exposicións levarase a cabo no local que a propia asociación ten nós baixos do Museo do Entroido, entrando pola rúa Ladeira.

Están convidados todos os veciños e veciñas que queiran asistir.

Comentarios