Dende a Limia
05:51 h. Sábado, 15 de Diciembre de 2018

O grupo de goberno de Xinzo de Limia responde ás recentes críticas do PSdeG

O. Ferreiro | 22 de Diciembre de 2017 (23:54 h.)
Imaxe de arquivo de parte do grupo de goberno do PPdeG en Xinzo.
Imaxe de arquivo de parte do grupo de goberno do PPdeG en Xinzo.

Críticas por non facelo e despois por facelo. Esa é a forma de entender a política municipal do PSdeG. Os concelleiros socialistas seguen a facer política nos medios de comunicación, e non nas comisións.

Con respecto aos comentarios do grupo socialista de Xinzo sobre a instalación do sistema de calefacción –por certo, nun prazo récord– na Escola de Gaitas cómpre sinalar que, como sempre, o que intentamos dende o grupo de goberno foi priorizar en darlle o servizo –neste caso– de calefacción aos alumnos e alumnas, así como ao propio profesorado, xa que o sistema anterior realmente quedara obsoleto.

IMG_4439

Como sempre, recordámoslle a este grupo –que sempre ve as cousas dende o punto de vista negativo– que unha cousa é protestar –como fan eles– e outra facer cousas. Neste caso priorizamos solucionar o problema e calquera que camiña pola rúa non ve os trebellos que se puxeron no tellado, pois non había outro lugar posible para colocalos.

O que si imos acometer canto antes será a remodelación integral do edificio. E entón xa se colocarán de novo segundo se faga a remodelación.

Sigan vostedes facendo esa política e nós seguiremos facendo a nosa: facer cousas.

Tamén se cuestionan o maceteiro que se colocou na entrada da Praza Maior, qua como eles ben saben, fíxose despois da proposta da comisión de tráfico –por seguridade– da que eles tamén forman parte.

Por último –e tratando de seguir criticando cando se fan as cousas despois de criticar cando non estaban feitas– é a crítica á iluminación da propia Praza Maior. Cambiáronse as luminarias xa existentes por outras novas e de baixo consumo e colocáronse dúas máis no oco de sombra que había á entrada da praza. Se non se colocaban nese lugar, só sería posible na beirarrúa, cuestión que entendemos estorbarían mais.

O dito. Criticamos se non se  fai e criticamos cando o facemos. Sigan vostedes facendo esa política e nós seguiremos facendo a nosa: facer cousas.

Grupo Municipal do PPdeG.