jueves 14.11.2019

O limián Eladio Jardón investigador na universidade de George Washington

Analizará  na capital americana o posicionamento e o desenvolvemento das rexións a través das marcas territoriais
O limián Eladio Jardón investigador na universidade de George Washington

O consultor ourensán analiza na capital americana o posicionamento e o desenvolvemento das rexións a través das marcas territoriais. George Washington University é unha das institucións líderes mundiais no plano académico e investigador, especialmente en dereito, asuntos internacionais e políticas públicas. O estudo está a levarse a cabo na Escola de Posgrao de Xerencia Política desta universidade, un centro de referencia en política aplicada, comunicación estratéxica e compromiso cívico.

IMG-20191021-WA0015Esta investigación contén a presentación dos resultados preliminares dunha Tese Doutoral que ten como obxecto o estudo do papel que xoga a creación dunha marca para o desenvolvemento e promoción dun territorio e que propón, na súa parte empírica, unha aplicación para o caso da provincia de Ourense. Para Jardón, a globalización supón un novo contexto de competencia a nivel mundial no que os territorios necesitan reivindicar a súa identidade, actuando a nivel global pero sen esquecer a súa singularidade local e a satisfacción das necesidades dos seus habitantes. O investigador, natural do concello de Baltar, xa fora noticia de ámbito internacional noutras ocasións. No ano 2016 recibiu o prestixioso premio Victory Award en Washington e o pasado ano 2018 resultou gañador do premio Reed Latino, galardón que entrega anualmente a revista Campaigns & Elections en México.

Eladio Jardón permanecerá en Washington durante os próximos meses para terminar a súa investigación académica na área da comunicación e xerencia pública, onde participará en varios seminarios e congresos como conferencista en Estados Unidos.