Dende a Limia
21:53 h. Domingo, 10 de Diciembre de 2017

O PP de Xinzo presenta unha moción en defensa da unidade de España e outra en apoio á Garda Civil e en Cataluña

O. Ferreiro | 06 de Diciembre de 2017 (23:32 h.)

O Partido Popular de Xinzo de Limia presentou no pleno do pasado luns, dúas mocións que pouco tiñan que ver coa actualidade da capital da Limia. Unha delas reclamaba o apoio incondicional ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado –especiamente á Garda Civil e á Policía Nacional– ante situacións de "acoso" que –supostamente– están a sufrir en Cataluña nas últimas semanas.

Ao voto en contra de Rodríguez Suárez, uniuse o voto en contra dos tres concelleiros de Xinzo Adiante.

A segunda das mocións solicitaba o apoio incondicional á "unidade de España" e a defensa da Constitución fronte a calquera "intento de incumprir a lei" –en clara referencia ao referendo do 1 de outubro en Cataluña–.

O nacionalista Ramiro Rodríguez, voceiro do BNG, acusou ao PP de desviar a atención con mocións deste tipo sobre os "problemas de Xinzo". Así mesmo, sinalou que a súa formación defende o dereito de autodeterminación dos pobos e lembrou a actuación das forzas de seguridade e as "cargas policiais" que sufriron os cidadáns de Cataluña o pasado 1 de outubro.

IMG_4435

Ao voto en contra de Rodríguez Suárez, uniuse o voto en contra dos tres concelleiros de Xinzo Adiante, que acusaron ao Partido Popular e ao alcalde, Antonio Pérez, de introducir mocións deste tipo para desviar a atención sobre o debate dos orzamentos de cara aos medios de comunicación. Así mesmo, Manuel Pérez Campos, sinalou que á cidadanía de Xinzo de Limia non lle afecta o que suceda en Cataluña. Por outra banda, citou máis dunha ducia de titulares da prensa internacional onde se denuncia a actuación policial do 1 de outubro. 

As mocións aprobáronse cos votos a favor do PSdeG e do PP. Elvira Lama destacou que o seu partido está coa Constitución e contra os independentistas, se ben sinalou que "quen máis independentistas fixo foi Mariano Rajoy". Así mesmo, defendeu a aplicación do 155 e criticou os excesos policiais do día do referendo.

O alcalde acusou a XA e BNG de actuación lamentable para despois afirmar que "TV3 é unha televisión chavista e bolivariana" e acusar ao Govern de Catalunya de manipulación nas escolas e nos medios de comunicación.