miércoles 21.08.2019

Obradoiro de animación sociolaboral “requisitos e competencias dalgúns dos principais perfís laborais da comarca”

Organizado polo CDR O Viso coa colaboración do XPazo

Obradoiro de animación sociolaboral “requisitos e competencias dalgúns dos principais perfís laborais da comarca”

Hoxe martes 4 de xuño de celebrouse  no Xpazo unha nova actividade de animación sociolaboral de achegamento ao emprego, desta volta con alumnado de FP Básica II da especialidade de cociña do IES Lagoa de Antela.

image1 (44)Debido á proximidade de finalización dos seus estudos regrados e ante a inminente decisión de elixir por onde encamiñar o seu futuro profesional plantexouse un obradoiro de toma de contacto con algunhas empresas da zona que nos comentaron os principais requisitos e competencias laborais demandadas polos perfís laborais entre os seus equipos de traballo.

Contouse  con tres experiencias do sector servizos como foron “A de Torino” –hostalería-, “Centro de Día-Fogar Residencial Vilar de Barrio” –atención sociosanitaria- e “Carlin” e “Tenda R” –comercio e telefonía-; unha do sector primario “Campos Montero S.L.” –xardinería-. Agradécenlle,  a Víctor, a Ana, a Raúl e a Pablo pola súa inestimable colaboración e o seu tempo. Agradecer tamén os nosos compañeiros de Xpazo pola cesión da sala de actividades.

Esta actividade está financiada no marco da Orde do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases que rexen as axudas enmarcadas no programa Iniciativa Xove durante o ano 2019 e se procede á súa convocatoria, DOG núm. 24, luns 4 de febreiro de 2019.