Dende a Limia
19:37 h. Sábado, 18 de Noviembre de 2017

Orden xudicial de demolición

| 17 de Agosto de 2017 (23:18 h.)

Hoxe procedeuse a orde xudicial de demolición dunha cuberta  dun local na rúa Marcelo Macías de Xinzo.

Esta orde x afora ditada polo xulgado de Xinzo fai anos, pero ata o mes pasado non fora firme.

Hoxe os propietarios do inmoble tiveron que facer efectivo o derrube ante a expectación de moitos veciños  e dos que pola céntrica rúa da vila pasaban nesas horas.

Preguntado o Alcalde sobre esta cuestión respondeu que nin el nin o concello interviron neste tema. Foi un tema dos propios propietarios e do xulgado. O Concello sempre estivo do lado dos propietarios pero foi imposible paralizar a orde xudicial, legalmente.

Loxicamente todos os membros do grupo de goberno e supón que os da oposición non queren que feitos como este sucedan a un veciño.