Dende a Limia
13:56 h. Domingo, 25 de Febrero de 2018

A Outra “cara” do Entroido

| 11 de Febrero de 2018 (13:03 h.)

Como todas as mañás un verdadeiro exercito de homes e mulleres pertencentes a brigada de limpeza do Concello e Deputación Provincial, acompañados, algúns deles, con artefactos e maquinaria toman ao asalto as rúas e prazas da vila para que cando  os primeiros entroideiros do día volvan ás rúas, sen moitas veces se marcharan os que están de“empatada” .

cats3Son miles os quilos de plásticos e botellícasans, os que se amorean ata a chegada do gran camión que con moito tento percorre o casco vello.

E por último os homes da mangueira, para deixar o chan en perfectas condicións.

Pero non solo os empregados municipais e provinciais son os que teñen que madrugar, se non que os responsables das cafeterías e bares teñen que por a punto o local para continuar. A vida do Entroido dura 24+24+24 horas.

cats2cats