Dende a Limia
17:59 h. Domingo, 19 de Noviembre de 2017

PAGOS EN MENOS DE 20 DIAS

| 19 de Octubre de 2017 (21:12 h.)

O alcalde espera que no seguinte trimestre a estadística do Ministerio de Facenda, xa recolla  que o noso Concello é un dos que paga en menos tempo.

Xa fai tempo que as facturas de provedores son abonadas entre os 15 e 21 días, pero por mor da débeda atrasada con FENOSA a media de días saía moi alta. 

A semana que ven a empresa aceptará o pago fraccionado proposto, co cal xa solo entrarán as débedas actuais.

O cidadán de a pe, xa fai tempo que está celebrando esta situación de pagos, aínda que na estadística non se reflectira.

Recorda que cando eles se fixeron cargo do goberno local , moi poucos provedores querían vender ao concello, negandose en moitas ocasións prestar servizos, ou ben solicitando o pago por adiantado. Hoxe a cousa cambiou, e todo o mundo quere traballar co noso Concello.