Dende a Limia
01:21 h. Sábado, 21 de Octubre de 2017

A Garda Civil xa ten sospeitoso dos roubos do gasóleo dos regos

| 08 de Agosto de 2017 (16:41 h.)

A Garda Civil investiga a un veciño de Carballiño por quince roubos de gasoil na Limia.

O Equipo ROCA da Garda Civil, grazas a unha exhaustiva investigación e a colaboración da Comunidade de regadores da Alta Limia puido esclarecer estes ilícitos das últimas semanas.

Fai aproximadamente algo máis dun mes comezaron unha serie de roubos de gasoil, subtraéndoo dos depósitos de tractores ou motores. Concretamente cando se trata dos tractores succionábano cunha goma baleirando os mesmos, e no caso dos motores levándose as garrafas de alimentación ou en ocasións tamén dos propios depósitos.

O Presidente da Comunidade de Regadores da Alta Limia denunciou un total de 15 roubos que afectan os agricultores desta Comunidade, á parte dos prexuízos económicos estes feitos crearon un gravísimo prexuízo aos intereses xerais dos agricultores debido ao trastorno que supón no manexo de rega da explotacións.

Manifestou que o valor do subtraído superaba os 1500 euros, sen contar o valor do prexuízo causado no cultivo que non se pode valorar e o valor dos diferentes danos ocasionados. Que lles levan subtraído por encima dos 2000 litros de gasoil.

Finalmente en Carballiño (Ourense), procedeuse a Investigar a D.F.F., nacido en Xinzo  de Limia (Ourense) no ano 1984 e con domicilio no Carballiño (Ourense), por participación nos delitos de furto de gasoil, instruíndose dilixencias remitidas ao Xulgado de Garda de Xinzo de Limia (Ourense).