Dende a Limia
11:48 h. Viernes, 21 de Septiembre de 2018

O Parlamento de Galicia terá un recordo do ano de Carlos Casares

| 23 de Diciembre de 2017 (23:52 h.)
Antonio Pérez e Miguel Santalices
Antonio Pérez e Miguel Santalices

O Presidente do Parlamento de Galicia recibiu das mans do alcalde de Xinzo Antonio Pérez unha placa conmemorativa do acto de clausura do ano en que as Letras Galegas foron dedicadas a o limián Carlos Casares.

Pérez quixo que desta maneira no Parlamento quede constancia do esforzo levado a cabo neste ano polo pobo de Xinzo para homenaxear, como era pertinente a un dos seus ilustres veciños que foi do noso concello.

Miguel Santalices, presidente do Parlamento agradeceu o detalle e comprometeuse que o próximo luns quedará depositado no despacho do Presidente, para que todos os que o visitan saiban o acontecido en Xinzo durante o ano 2017.