Dende a Limia
02:00 h. Lunes, 11 de Diciembre de 2017

Os participantes do obradoiro "Achegar o cinema ás persoas" realizan a súa propia curta co seu móbil

O. Ferreiro | 03 de Diciembre de 2017 (22:03 h.)
Maider Fernández impartindo o obradoiro.
Maider Fernández impartindo o obradoiro.

Media ducia de persoas participaron no obradoiro Achegar o cinema ás persoas personas, unha iniciativa cunha vocación eminentemente práctica dirixida pola cineasta vasca Maider Fernández dentro das actividades paralelas do FIC Vía XIV. "Trátase –sinala Fernández- de que os participantes perciban ese outro xeito de facer películas, máis caseiro e próximo ao documental creativo".

Neste obradoiro para todos os públicos, cada asistente elaborará unha curtametraxe con imaxes e videos domésticos captados desde o seu propio teléfono móbil.

Neste obradoiro para todos os públicos, cada asistente elaborará unha curtametraxe con imaxes e videos domésticos captados desde o seu propio teléfono móbil. "Porque o mellor xeito de coñecer algo é facéndoo e, por iso, é importante ofrecer aos participantes e espectadores do FIC Vía XIV 2017 unha aproximación práctica a ese outro xeito de elaborar cinema", enfatiza Maider Fernández.

Maieder1

Deste modo, o obradoiro pretende cumprir dous obxectivos básicos: dunha banda, dar a coñecer aos participantes, autores e películas que se fixeron con ferramentas que todos temos ao noso alcance e, pola outra, que cada participante realice a súa propia peza co seu teléfono móbil.

Mentres, a maioría dos alumnos deste obradoiro amosouse entusiasmada coa posibilidade de participar nunha iniciativa deste tipo. Neste sentido, destacan a profesionalidade de Maider Fernández e o seu "impresionante perfil creativo".

Mañá darán comezo as proxeccións oficiais das curtas que se presentan a concurso.

Sobre Maider Fernández

Maider Fernández, que esta noite impartirá unha Masterclass no Auditorio de Verín, é educadora, artista e realizadora. Traballou como mediadora no Centro Internacional de Cultura Contemporánea Tabakalera, en San Sebastián. Compaxinou ese labor co de profesora de fotografía nos cursos anuais de Donostia Kultura na cidade e, á súa vez, realizando distintos traballos audiovisuais no proxecto colectivo As mozas de Pasaik. Actualmente, atópase realizando en solitario o proxecto As letras de Jordi e a videoinstalación Gloria e María.

Trala xornada de hoxe, que estivo marcada pola finalización do obradoiro de Maider Fernández, mañá darán comezo as proxeccións oficiais das curtas que se presentan a concurso.